Varela solicitará á Xunta que retome o plan de saneamento integral de Vilagarcía

    VILAGARCÍA> A consellería de Educación recibirá ‘á maior brevidade posible’ ó alcalde de Vilagarcía para tratar a petición realizada a semana pasada por Alberto Varela de que se manteñan abertos os comedores escolares. Hoxe mesmo o rexedor Vilagarcía solicitou formalmente esta entrevista, que tivo resposta case inmediata, e outra coa conselleira de Medio Ambiente, Ethel Váquez. Neste caso Varela quere que se retomen os compromisos apuntados polo anterior titular da carteira, Agustín Hernández, que hai case dous anos prometía o investimento de preto de oito millóns de euros no saneamento de Vilagarcía e a extensión da rede na cidade. Segundo afirman desde o concello, en novembro de 2013 Hernández manifestou que esta actuación era ‘prioritaria’ para a súa consellería e que estaban á espera do reparto dos fondos europeos cos que se custearía a actuación. O alcalde entende que o investimento de oito millóns agora mesmo é ‘algo imposible’, pero confía en que se poida ir executando por fases ‘para evitar problemas como os detectados na praia ou en determinados barrios a carón do río do Con’.