
CAMBADOS> Foron case cinco horas de reunión pero ó final, ás dúas da madrugada, PSOE, BNG, Cambados Pode e Somos Cambados pecharon de xeito definitivo o pacto de goberno. Nada se sabe dos detalles do acordo. Ningún membro do goberno quixo dar hoxe pistas sobre o acordado posto que queren dalo a coñecer antes ás asembleas das respectivas formacións. O sábado é o día no que en principio prevén facer públicos os pormenores dese pacto. O que si transcendeu é que a de onte foi unha ‘negociación cordial’, na que se chegou a acordo ‘en tódolos puntos’ que comporán o compromiso de goberno e que se sentará un mandato ‘sólido e estable’.









