Sanxenxo reforza a seguridade nocturna do seu porto deportivo

    Precisamente con motivos deste aumento da poboación durante estas festas, o concello de Sanxenxo reforza a seguridade no seu porto deportivo nas noites da Semana Santa. O obxectivo é evitar que se produzan altercados vencellados co ocio nocturno. Os vixiantes estarán no peirao durante as noites, entre xoves santo e o próximo domingo. A enorme afluencia de persoas que rexistra este equipamento público durante a Semana Santa obriga a aumentar a vixilancia para velar polo bo uso das instalacións, e así garantir a compatibilidade dun ocio de calidade coa actividade do porto. Nesta caso, os vixilantes de seguridade privados pasan dun reforzo de seis, que era o que se tiña o ano pasado por estas datas, a un total de dez efectivos. Éstes estarán do xoves ó domingo, desde as doce da noite ás oito da mañá. O alcalde explicou tamén que durante estes días, facilitarán a circulación na rúa Luis Rocafort, que se atopa en obras. onzalo Pita animou ós veciños e visitantes a disfrutan en Sanxenxo desde días e fixo un chamamento para que isto se faga sempre con respecto cara ós demais cidadáns. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/10/reforzo_vixilancia_porto_sanxenxo_10042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/10/reforzo_vixilancia_porto_sanxenxo_10042017.mp4{/flowplayer}