Boiro Novo aposta por favorecer a participación cidadá nos plenos

    BOIRO> Boiro Novo vén de presentar unha moción para mellorar o funcionamento e favorecer a participación cidadá nos plenos municipais. Entre as medidas propostas figura o aumento da periodicidade das sesións coa celebración dun pleno ó mes, actualmente é bimensual, sen incrementar os custos. En aras da transparencia piden que se publiciten as convocatorias e que se habiliten mecanismos para que os cidadáns poidan seguir os plenos por internet. Neste punto fan especial fincapé no pleno para a aprobación dos orzamentos que, segundo a asemblea, debería ser tratado nun pleno extraordinario, como único punto, trala previa publicación do documento na web municipal. Por último, propoñen tamén dar voz ós veciños para que poidan participar directamente na política municipal presentando as súas mocións.