Fátima Abal desvela unha parte do reparto de carteiras do novo executivo

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/24/fatima_abal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/24/fatima_abal.mp4{/flowplayer}

    CAMBADOS> O goberno cambadés continúa a negociar o pacto que dea estabilidade ao cuatripartito. Despois do encontro do luns, hoxe ás 8 e media da noite as catro formacións tiñan prevista unha nova xuntanza para, desta volta, atar os flecos que aínda quedan pendentes. Segundo a alcaldesa, o acordo está próximo, e unicamente faltan por definir cuestións concretas do pacto programático, redactalo de xeito formal e asinalo. A Canal Rías Baixas, Fátima Abal adiantaba información do reparto que farán das áreas de goberno.

    O novo goberno contará tamén con tres tenencias de alcalde. A primeira estará ocupada polo nacionalista Víctor Caamaño, mentres que José Ramón Abal de Cambados Pode, e Tino Crodal de Somos Cambados, serán o segundo e terceiro tenente de alcalde respectivamente.