A patronal boirense entrega os premios ABE

BOIRO> A Pousada da Galiza Imaxinaria acollía na noite do venres a gala de entrega dos premios ABE, uns galardóns que recoñecen a labor dos empresarios da localidade. Tres foron os galardóns entregados.

O primeiro deles, o do mellor comercio, recaeu este ano en Carnicería Moncho Boga. Un negocio familiar, situado na praza de abastos, con máis de 36 anos de traxectoria.

O premio á mellor empresa foi para A Terraza do Furancho situada na rúa peonil.

Por último, tamén se fixo entrega do premio de honra, un galardón concedido este ano á figura de José España, propietario da promotora España y Fernández e  Boiro Tenda.

Con anterioridade, o presidente da patronal boirense, Daniel García, aproveitou o acto para facer balance do ano, que rematou coa incorporación de 14 novos sociais á entidade.

Na súa intervención García tivo tamén palabras de recordo para o empresario Jesús Alonso, fundador de Jealsa, cuxo falecemento, este ano, causou un gran pesar non só na localidade senón tamén en toda a comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí