A POBRA> Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para concorrer ó proceso selectivo convocado polo concello da Pobra para a contratación de auxiliares do servizo de axuda no fogar. O obxectivo é crear unha bolsa de empresa para a cobertura das vacantes por permisos, Baixas e vacacións.
Trala municipalización do Servizo de Axuda no Fogar, o concello da Pobra segue apostando pola atención de calidade ás persoas dependentes. Co fin de dar o mellor servizo a tódolos usuarios, actualmente máis de 70, vén de convocar un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego que permita contratar auxiliares para cubrir períodos de baixa ou vacacións das preto de 30 profesionais que compoñen o cadro de persoal.
O proceso selectivo realizarase mediante concurso-oposición. Os aspirantes deberán estar en posesión do título de auxiliar de enfermería, atención sociosanitaria ou equivalentes así como ter o carné de conducir e dispoñer de coche.
Poderán presentar as solicitudes ata o 31 de outubro mediante o rexistro xeral do concello ou sede electrónica.











