O fiscal investiga a principal xestora de orquestras por un fraude de 8,9 millóns

PONTEVEDRA> A Fiscalía de Pontevedra investiga a Representacións Lito, a empresa que xestiona as dúas principais orquestras galegas: Panorama e París de Noia. O Ministerio Público ve indicios da posible comisión de seis delitos fiscais relacionados cos impostos de sociedades, IVE e IRPF durante os anos 2011 e 2012. O fiscal cifra o fraude en 8,9 millóns de euros.

Entende que Representacións Lito non se limita a poñer en contacto aos clientes coas orquestras, polo que cifra os ingresos da compañía en máis de 26 millóns de euros no 2011 e en algo menos de 24 millóns no 2012. Mediante un comunicado, a empresa defendeuse asegurando que as sospeitas da Axencia Tributaria baséanse nun erro: que non é só un mero representante, senón que vende espectáculos musicais completos. Deste xeito, a Fiscalía achaca a Representacións Lito o total dos importes cobrados polas máis de 70 orquestras que representan. Acusan á Axencia Tributaria de moverse cun ánimo recadatorio, e aseguran que todo o sector da verbena en Galicia está a ser duramente inspeccionado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí