Poio iza as bandeiras do seu primeiro sendeiro azul e a da praia de Cabeceira

POIO> No concello de Poio tamén izaron hoxe a bandeira azul da Praia de Cabeceira. Un areal que ano tras ano repite distinción, aínda que é o único de todo o municipio. Con todo, a localidade incorpora este ano un novo distintivo: a bandeira do sendeiro azul do Sendeiro Litoral de Poio.

Esta imaxe leva anos producíndo e este 2022 non é unha excepción. O alcalde de Poio, canda os socorristas, foron os encargados de iza-la bandeira da Praia de Cabeceira. É a única de todo o municipio que conta cun distintivo deste tipo.

E di o alcalde que Poio podería contar con máis praias con bandeira azul, pero que as cuestións económicas frean esa intención.

Así, as cousas, a bandeira de Cabeceira non é a única que xa ondea na costa de Poio. O municipio conta por vez primeira cun sendeiro azul, entre A Seca e Lourido.

O obxectivo do Concello é conseguir dúas novas bandeiras para o ano que vén: unha para o sendeiro da ruta dos muíños de Samieira e outra para o centro arqueolóxico da Caeira.