O provincial acolle unha exposición itinerante sobre a depresión en menores

Pontevedra> O conselleiro de Sanidade inaugurou no Hospital Provincial a exposición Photovoice:Fotografando a Depresión. Unha mostra que busca concienciar á sociedade do elevado número de menores que padecen depresión. 4 de cada 100 menores de 18 anos sofren esta patoloxía e o 70 por cento non son diagnosticados nin reciben tratamento. 

 

Nos vindeiros 15 días o Hospital Provincial de Pontevedra acollerá a exposición PHOTOVOICE:FOTOGRAFANDO A DEPRESIÓN. Unha mostra itinerante que trata de concienciar a poboación dun tema moi importante como é  a depresión en idades temperás e que foi inaugurada polo conselleiro de Sanidade. 

4 de cada 100 menores de 18 anos sofren esta patoloxía e o 70 por cento non son diagnosticados nin reciben tratamento. Por estas razón esta mostra é destacada tamén polos profesionais do mundo da medicina. Xa que canto antes se detecte unha depresión antes se poderá tratar e volver a unha vida normal. 

Nesta visita o conselleiro tamén foi preguntado polo Plan Funcinal de Pontevedra ao que Jesús Vázquez dixo que se trata dunha prioridade para a Xunta é que este plan non será redactado nos despachos. 

No vindeiro 2017 dende a Xunta de Galicia agardan ter redactado tamén o Plan Especial e comezar coas expropiacións. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/expo_depresion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/expo_depresion.mp4{/flowplayer}