Centos de escolares desfrutan das actividades do Salón no Pazo da Cultura

Pontevedra> Centos de nenos xa desfrutan dende o pasado venres dunha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Unha cita que se desenvolverá ata o 29 deste mes. Entre semana preto de 5 centros educativos diferentes visitan as instalación deste Salón, hoxe asistimos a unha destas visitas e o que máis éxito ten son os obradoiros e as Mulleres de Conto.

Pois benvidos, sexa benvidos a unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que neste 2018 cumpre 19 anos de historia. Hoxe dende o Canal Rías Baixas quixemos colarnos nunha mañá deste Salón, ao que asisten diariamente varios centros educativos de toda a provincia. Unha vez que chegan ao salón unha ou un guía son os encargados de realizar unha achega aos contidos desta edición.

Uns contidos moi ben valorados polos asistentes.

E un país, convidado, México, moi doado de achegar aos máis pequenos da casa.

Esta mañá tivermo s a oportunidade de falar cunha contacontos mexicana quen dixo que esta experiencia está sendo moi positiva.

O seu papel é o de achegar os relatos tradicionais mexicanos con finais inesperados, unha lectura que sorprende moito entre os máis pequenos da casa.

E para os protagonistas desta cita, os obradorios e as mulleres de conto desta edición están entre os seus puntos preferidos.

Xa o saben, ata o 29 deste mes poden desfrutar dunha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil cun sinfin de actividades para toda a familia.