A xuíza desestima o recurso de nulidade do alcalde de Caldas

    CALDAS> O xulgado rexeita o recurso do alcalde de Caldas. Na resolución publicada esta tarde, a xuíza desestima o recurso de nulidade de Juan Manuel Rey contra o auto de apertura de xuízo oral, ditado o pasado 11 de maio.

    Pouco despois de coñecer o novo pronunciamento, o alcalde insistía en que era algo agardado, que lles serve para apoiar o seu argumento de indefensión. O rexedor confía no recurso presentado ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, e non desbota recorrer ao Tribunal Constitucional. Recordemos que Rey está imputado por un suposto delito de malversación de caudais públicos, ao pagar con cargo ao concello unha multa urbanística de 600 euros.