Unha vaga de roubos en Carracedo crea inseguridade entre os veciños

    roubos_copia100.jpgVILAGARCÍA> Os ladróns escolleron tres casas  deshabitadas, para entrar pola noite e levar utensilios agrícolas.

    {flowplayer}images/salnes/ROUBOS_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Unha sulfatadora mercada hai menos dun ano, é o botín que os ladróns conseguiron neste cuarto, situado debaixo do hórreo da casa. A vivenda está normalmente deshabitada e os responsables do roubo aproveitaron a noite do domingo para entrar.

    A sulfatadora valorada en máis de 500 euros tamén foi o obxecto que desapareceu a noite do pasado mércores ós propietarios desta casa. Eles gardan os utensilios agrícolas nun inmoble sen vixilancia, lonxe da zona na que viven.

    A Garda Civil visitou onte a parroquia para conseguir máis información sobre os roubos.

    Esta vaga non é a primeira que afecta ós veciños. A presenza de numerosas casas que normalmente están deshabitadas, fai que a zona sexa un branco fácil para os ladróns.

    A pesares de que non se sospeita de ninguén, todo apunta a que se trata dun grupo organizado, que podería estudar os seus obxectivos. Veciños e fontes da investigación sospeitan que os obxectos son roubados para despois revendelos a prezos máis baixos no mercado.

    Redacción Salnés