Boiro volve recoñecer a contribución social de persoas e entidades cos Distintivos Benestar Social

BOIRO> O concello de Boiro celebrará este venres a terceira edición dos Distintivos Benestar Social. Estes galardóns buscan recoñecer o labor social e de voluntariado que realizan diversas entidades, persoas e empresas do municipio.

A terceira edición dos Distintos Benestar Social de Boiro celebrarase este venres ás sete da tarde no Pazo de Goiáns. En total serán seis as persoas ou entidades galardoadas en recoñecemento á súa labor en prol da sociedade.

Como nas anteriores edicións, o premio na categoría de voluntariado será unha sorpresa e desvelarase no propio acto da entrega.

Destaca ademais nestes premios que os candidatos son propostos polas propias entidades sociais, de aí que teñan aínda máis valor.