![]()
CALDAS> Os socialistas defenden a xestión do Goberno bipartito na anterior lexislatura e piden novos proxectos ó executivo actual.
O PSOE de Caldas pide á Xunta que remate a construción do novo centro de saúde da localidade, a estrada entre Caldas e Moraña, e que se remate o saneamento integral na parroquia de Saiar. Os socialista tamén solicitan que se constrúa un centro de día, en Caldas e que se instale un parque de bombeiros, no municipio.
O anterior delegado da consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, e presidente dos socialistas en Caldas, Juan Francisco Froján, destacou á labor do bipartito en prol do saneamento do río Umia. Un cauce contaminado pola construción do encoro do Umia, segundo Froján.
Froján defendeu a labor dos delegados territoriais, que agora está a ser criticada por algúns membros do PP. Entre eles o parlamentario Jesús Goldar.
O PSOE acusa a Goldar de empregar o seu novo posto no Goberno autonómico como catapulta cara a alcaldía de Caldas. Un municipio gobernado polo socialista Juan Manuel Rey.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/220509_investimento_xunta_caldas.flv{/flowplayer}








