POIO> Dar ferramentas as familias para afrontar as diferentes fases de crecemento dos fillos. Este é o obxectivo fundamental de “Pais agarimosos”, a iniciativa posta en marcha dende o concello de Poio.
Estas sesións “socio-emocionais” están dirixidas a familias con nenos de 0 a 12 anos, e inclúense no programa Educándonos, no que participan os colexios do concello. As xornadas correrán a cargo da coach Raquel Pedrouso.
Celebraranse sete sesións, que arrincarán o vindeiro 14 de marzo. Os interesados poden inscribirse no mail poiomovese@concellopoio.gal, as matrículas terán un custo de 10 euros para os empadroados en Poio e de 25 para os que non o estean. Marga Caldas tamén adiantou que a intención do concello é poñer en marcha unha iniciativa semellante, dirixida desta volta ás familias de adolescentes.
Comments are closed.