Dende CCOO denuncian o “lamentable” estado das estradas na provincia de Pontevedra

Pontevedra> Dende comisións Obreiras denuncian o lamentable estado das estradas na provincia de Pontevedra. O delegado sindical culpa ao Goberno da Deputación de que se produzan accidentes nestas estradas, tal como aconteceu cun camión en Santa María de Xeve. Piñeiro puxo hoxe unha proposta enriba da mesa da deputación que consiste en ampliar 2 horas o contrato de cada un dos traballadores do parque de maquinarias. 

 

Dende comisións obreiras culpan ao Goberno da Deputación de Pontevedra do mal estado no que se atopan as estradas da provincia, un estado que chega a provocar nalgúns casos accidentes como o do camión en Santa María de Xeve. 

Dende o sindicato critican o mal estado  no que se atopan as maquinarias do centro e lanzan unha proposta á deputación. 

Dende comisións din que o estado das estradas é lamentable, que a deputación acaba de investir 273 mil euros en arranxos pero que non é  suficiente. Dende esta sindicato cren que dende o Pazo Provincial están tentado privatizar o parque de maquinarias e que dende este parque os traballadores o único que queren é traballar por iso están dispostos a comezar a negociar. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/13/parque_maquinarias_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/13/parque_maquinarias.mp4{/flowplayer}