O colexio Barcelos quedará sen unha das dúas clases de infantil

PONTEVEDRA>

 

O colexio Barcelos de Pontevedra quedará sen unha das dúas clases de infantil o próximo curso. Unha das mestras deste ciclo xubílase e a consellería de Educación no ten previsto cubrir a praza alegando que con só nove nenos non se pode manter aberta a aula. A concelleira de Educación, Carmen Fouces, facíase eco esta mañá das queixas dos pais do Barcelos despois de manter unha reunión con eles e asegurou que vai pelexar por que o centro non se acabe desmantelando, como sospeitan que vai pasar. Desde a concellería tamén se veñen de poñer en contacto coa Xunta para pedir que se lle permita seguir dando subvencións ás Anpas dos centros e á Federación de Anpas. A lei de racionalización e reforma da Administración Local reduciu as competencias locais en materia educativa ó mantemento e conservación dos colexios, polo que, nunha interpretación estrita da norma, o concello de Pontevedra non podería seguir axudando ós colectivos de pais de alumnos en actividades como o Plan Madruga, as ludotecas de verán e Nadal ou as bolsas de comedor.