Barro recupera as súas festas con música, actividades culturais e promoción do viños

BARRO> Barro prepárase para unha nova edición da Festa do Viño. Xa sen restrición, o concello gozará dende o xoves ata o domingo de numerosas actividades como xantares populares, orquestras, actividades para nenos e diferentes torneos deportivos. Na parte do viño realizaranse dous eventos, o premio dos colleiteiros e o certame Rías Baixas.

A contorna do Pazo da Crega comeza a prepararase para o regreso da festa do viño de Barro. Tralo parón obrigado pola pandemia, a vila recupera uns festexos que mesturan actividades culturais, deportivas e sociais coa promoción do viño.

A festa comezará o xoves coa festa infantil e con actuacións musicais pola noite. Pero os días propios da festa terán lugar do venres ao domingo.

Ademais da parte social e cultura, a festa do viño de Barrón tamén conta coa parte da promoción dos viños.

A entrega de previos e as cata definitivas terán lugar o domingo. A festa tamén garda o seu espazo para os viños do concello.

A programación compleméntanse con eventos deportivos como un campionato de tenis e outro de fútbol organizados polos clubs da vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí