Teófilo Edicións selecciona ‘300 galegos con estilo’ para homenaxear Galicia

SANTIAGO> Teófilo Edicións reúne a “300 galegos con estilo” na súa última publicación. Con esta selección, a editorial quere render unha homenaxe a Galicia recollendo os nomes de persoas de diferentes eidos que traballan para o futuro da nosa comunidade. Dentro da ampla lista, unha trintena son veciños da comarca do Salnés.

 

Facer unha gabanza de Galicia dende un punto diferente de vista, é o obxectivo que persegue a nova publicación de Teófilo Edicións. Baixo o título “300 galegos con estilo”, a editorial pon en valor a Galicia e aos galegos.

Entre os escollidos, trinta son veciños de O Salnés. Joaquín Barreiro, Manuel Atnonio Couceiro, Vítor Mejuto, Javier Olleros, Sofía Beiras, Carlos e Antón Paz… son os representantes da comarca nesta publicación. Moitos se deron cita no Hostal dos Reis Católicos para asistir á súa presentación.

 “300 galegos con estilo” é, ademais, unha obra solidaria. Parte da recadación destinarase á Fundación Andrea de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/29/libro_teofilo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/29/libro_teofilo.mp4{/flowplayer}