Núñez Feijóo clausura o stand de Galicia en FITUR

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitaba este venres o stand de Galicia como peche ao apartado profesional da Feira que mañá se abre a todo o público. Feijóo fixo un repaso polas virtudes da comunidade e recalcou que aquel que a visita, regresa.

 

Núñez Feijóo visitaba esta mañá o espazo expositor de Galicia coñecendo en profundidade a parte adicada a cada unha das 7 cidades galegas, ao Camiño de Santiago e aos artesáns que participan este ano na trixésimo sexta edición de FITUR. Especial atención adicou á mostra de Entroidos de Galicia que participa por primeira vez este ano.Na súa intervención quixo destacar as razóns polas que a comuniade é o destino de moitos viaxeiros que encontran nela motivos moi diferentes polos que coñecela.

O obxectivo deste 2016 e superar a barreira dos 5 millóns de visitantes despois dos 4.600.000 que o fixeron en 2015, unha cifra que se vai superando ano tras anos.

O Camiño de Santiago como catalizador de moitas das visitas que chegan a Galicia volve a marcar un récord e agora xa son máis os extranxeiros que realizan a viaxe para gañar a compostela que os españois que o fan.

Feijóo quixo lembrar que non é fácil chegar a Galicia nin coñecela pola súa posición no mapa pero recalcou que os que o fan, regresan.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/22/visita_feijoo_fitur.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/22/visita_feijoo_fitur.mp4{/flowplayer}