O novo reto de Víctor Loira está no Ultra Tríatlon Tierra Astur para visibilizar as enfermidades intestinais e a ELA

PONTEVEDRA> A ansia de superación do deportista Víctor Loira non coñece límites. O pontevedrés, unha das caras visibles da Asociación sociosanitaria de Enfermidades Infecciosas Intestinais e Ostomizados, competirá este ano no Ultra Tríatlon Tierra Astur. Unha proba extrema coa que el e a súa muller, diagnosticada de ELA, buscan dar visibilidade a estas enfermidades.

Non hai reto que se lle resista a Víctor Loira. O pontevedrés, vicepresidente da asociación socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais, xa ten nova meta: rematar o ultra tríatlon Tierra Astur.

Loira viaxará a Asturias. A cita será os días 9, 10 e 11 deste mes e será a segunda vez que compite nesta proba. Na primeira ocasión quedou a tan só 4 quilómetros de completala.

Como enfermo de Crohn, portador dunha bolsa de ostomía e con sedais perianais, a intención de Víctor Loira é conseguir visibilizar este tipo de enfermidades. Non só a súa. Tamén a da súa muller Tita García, diagnosticada de ELA, que o acompañará nesta aventura.

Porque a visibilización é unha peza fundamental para mellorar a vida das persoas con estas patoloxías.

O Ultra Tríatlon Tierra Astur divídese en tres etapas: 10 quilómetros a nado e 140 en bicicleta o primeiro día, 280 quilómetros de ciclismo no segundo e 84,4 quilómetros de carreira a pé na última etapa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí