A Deputación presenta os 41,2 millóns de euros do Plan Concellos do 2017

Pontevedra> Presidenta e vicepresidente presentaron hoxe o Plan Concellos 2017. Un proxecto que contará cun investimento de 41.2 millóns de euros. Trátase dunha iniciativa continuista e, pese a que dende o PP insisten en que se trata dun fracaso de Plan, segundo Carmela Silva, é unha proposta que gusta aos alcaldes dos concellos de todas as cores políticas. 

 

O Plan concellos chegará un ano máis aos concellos da deputación cun investimento de 41.2 millóns de euros, pouco máis que no pasado ano. Trátase dun proxecto que ten como obxectivo axudar aos concellos máis pequenos a sacar adiante as súas obras e iniciativas. A comarca do Salnés levará 6 millóns de euros,2.6 máis que no pasado ano e a comarca de Pontevedra 3,34,3 por cento máis que no 2016. Un plan que defende a ultranza dende o bipartito pese as críticas dos popuales. 

Un plan que aínda que no o digan en público, o bipartido asegura que gusta aos concellos de todas as cores políticas. 

Os concellos de menos de 20 mil habitantes reciben o 78 por cento do orzamento deste plan. E A presidenta anunciou esta mañá que na vindeira semana os alcalde de cada un dos concellos da provincia recibirán un escrito para que saiban a inversión que dende a Deputación recibirán o vindeiro 2017. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/plan_concellos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/plan_concellos.mp4{/flowplayer}