Deporte e solidariedade únense no III Trofeo de Pesca Ramiro Carregal

    RIBEIRA> Este sábado celebrarase en augas ribeirenses a terceira edición do Trofeo de Pesca Solidario Ramiro Carregal Rey. Tódalas capturas dos participantes así como o peixe cedido por Pescaldía será repartido entre as familias máis necesitadas pola Fundación Amigos de Galicia. Unha vintena de afeccionados á pesca deportiva daranse cita este sábado en augas ribeirenses para participar na terceira edición do campionato interclubes-Trofeo de Pesca Solidaria Ramiro Carregal Rey. A organización habilitará unha embarcación para o traslado dos participantes que faenarán, durante toda a mañá, en cada unha das zonas asignadas por sorteo. Á marxe da compoñente deportiva, destaca da proba o seu importante compromiso social. As capturas realizadas polos participantes así como uns seiscentos quilos de peixe doados por Pescaldía distribuiranse entre as familias máis necesitadas do Barbanza. O principal patrocinador deste evento é o empresario Ramiro Carregal, presidente do grupo conserveiro Frinsa e socio fundador do Náutico de Ribeira. O seu compromiso social, deportivo e cultural non admite dúbida. A proba, as cincuenta e seis asociacións destes tres ámbitos das que forma parte como patrocinador.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí