Serra do Barbanza pide colaboración a FCC para normalizar a recollida do lixo

    LOUSAME> Os problemas coa recollida de lixo están a ocasionar molestias en tódolos concellos que pertencen a Serra do Barbanza. Dende a Mancomunidade estanse a realizar os trámites necesarios para a reposición de colectores e a reparación dos camións, de xeito que se poida prestar o servizo con normalidade. Hai semanas que se veñen detectando deficiencias no servizo de recollida de lixo naqueles concellos pertencentes á serra do Barbanza. Nalgunhas parroquias de Lousame, en Porto do Son, Noia, Muros ou Brión a situación chegou a ser preocupante en momentos puntuais cos colectores a rebosar nas datas de maior afluencia de poboación. Dende a empresa adxudicataria, Fomento de Construcións e Contratas, aluden a unha serie de avarías nos camións de recollida. Avarías que dende a mancomunidade están a asumir así como a reposición dos colectores para o que se destinaron máis de cento sesenta mil euros. Así mesmo, Serra do Barbanza iniciou tamén os trámites para a consecución dun crédito de dous millóns e medio de euros para a adquisición de seis camións. Sen embargo, lembra a presidenta, hai uns prazos legais e un procedemento a seguir polo que pode que a compra dos vehículos non se faga efectiva ata o último trimestre do ano. Mentres tanto, Teresa Villaverde pide a máxima colaboración á empresa adxudicataria en aras de garantir un servizo eficiente á cidadanía evitando problemas como os que se están a vivr estes días. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/01/recollida_lixo_serra_do_barbanza_0107151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/01/recollida_lixo_serra_do_barbanza_010715.mp4{/flowplayer}