A Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira contará cun aula formativa sobre pesca sostible

RIBEIRA> A Conselleira do Mar visitou a futura aula formativa sobre pesca sostible na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira. O centro barbanzán será o primeiro de toda España en contar cun espazo destas características.

A Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira será a primeira de toda España en contar cun aula sobre sostibilidade. O obxectivo é incorporar novos contidos formativos sobre pesca sostible que abarcarán todo o proceso de captura, dende que as embarcacións saen do porto ata o regreso a terra.

Na actualidade, a aula está aínda en proceso de deseño e dotación. Unha vez estea operativa, contará con cinco seccións: artes e aparellos, detección de recursos, pesca sostible e responsable, conservación das capturas a bordo e cogobernanza da actividade extractiva.

Rosa Quintana visitou as instalacións tras participar na xornada Pesca Saúde, organizada pola Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética, na que destacou a importancia de promover o consumo dos produtos do mar como elemento básico da dieta atlántica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí