A regata ‘Ribeiro-Rías de Galicia’ volverá recalar na Pobra

    POBRA> A Pobra do Caramiñal volverá a ser etapa esta ano da 53 edición da Regata Ribeiro-Rías de Galicia. A flota desta proba, que pasa por ser unha das máis senlleiras de todo o ámbito nacional, chegará ó porto deportivo pobrense o sábado 13 de agosto pola tarde procedente de Sanxenxo. Xunto con Sanxenxo, Combarro e Vigo, porto de saída e tamén de remate desta proba, a Pobra do Caramiñal será tamén escala dunha das etapas da 53 edición da Regata Ribeiro-Rías de Galicia. A chegada ó porto pobrense das aproximadamente cen embarcacións que tomarán parte na competición está fixada para o día 13 de agosto pola tarde. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, mostrouse encantado de poder acoller unha vez máis na localidade á tódolos participantes nesta proba. En representación do club organizador, o Real Club Náutico de Vigo, o seu vicepresidente, José Antonio Portela, agradeceu ás autoridades locais a boa acollida que dende sempre se lle fai ós participantes da regata. A competición, unha das máis emblemáticas do panorama nacionals, contará con catro etapas Vigo-Sanxenxo, Sanxenxo-A Pobra, A Pobra-Combarro e Combarro-Vigo. A regata volverá a estar patrocinada, coma nas últimas edicións pola D.O. Ribeiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/21/regata_ribeiro_riasdegalicia2107161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/21/regata_ribeiro_riasdegalicia210716.mp4{/flowplayer}