O BNG volve levar ao Parlamento as problemáticas do Hospital do Salnés

    VILAGARCÍA> O BNG levará unha vez máis as problemáticas do Hospital do Salnés ao Parlamento galego. Os nacionalistas mantiveron esta mañá un encontro coa xunta de persoal para recoller as súas queixas e suxestións. A escaseza de persoal, o peche da terceira planta e os problemas de aparcadoiro, son os principais problemas do centro.

     

    O peche durante o verán da terceira planta e, con el, o de 32 camas continúa a ser unhas das principais preocupacións do persoal do Hospital do Salnés. 

    A planta pechou o 29 de xuño, e non hai data fixada para a súa reapertura. Tralo encontro desta mañá coa xunta de persoal, o BNG comprometeuse a demandar no Parlamento que esas camas volvan estar operativas a finais de setembro.

    En lugar de pechar camas no verán como fai o Sergas en toda Galicia, o persoal apunta a que esta época debería aproveitarse para reducir as listaxes de espera.

    Ademais de denunciar o desmantelamento da sanidade pública, o BNG pon o foco sobre o xeito no que a administración trata ao persoal. Cunha reposición do 10% durante as vacacións do plantel, os sanitarios vense na obriga de mudar continuamente de servizo.

    Prado comprometeuse tamén a levar ao Parlamento a escaseza de aparcadoiro que sofre o Hospital e a lentitude coa que, asegurou, se están a realizar as obras de ampliación do centro.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/07/bng_hospital_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/07/bng_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}