Cabo de Cruz eríxese como capital internacional da cultura marítima

    BOIRO> Éxito sen precendentes do decimo segundo encontro de embarcacións tradicionais que se celebra ata o domingo en Cabo de Cruz. A participación superou as expectativas dos organizadores con cento cincuenta embarcacións procedentes non só de Galicia e Portugal senón de diversos puntos de toda Europa. O acto inaugural rexistrou un dos momentos máis destacados co izado das velas dos participantes saudando ós numerosos asistentes que os seguían dende terra. E é que ademais das actividades centradas na navegación, a organización deseñou unha ampla oferta de lecer en terra con mostras, xornadas e actuacións musicais para tódolos públicos. As diversas autoridades destacaron a importancia deste encontro para poñer en valor e recuperar o inxente patrimonio cultural da nosa terra. Pola súa banda, a Conselleira do Mar expresou o seu firme compromiso para reducir as taxas portuarias ós profesionais do mar en aras de garantir a supervivencia e rendibilidade da flota artesanal.