
VILANOVA>
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recoñece que a recualificación dos terreos para levantar un centro comercial en San Miguel de Deiro, Vilanova, é legal. Así se recolle na sentencia que o concello recibiu onte mesmo, e na que se rexeita o recurso contencioso administrativo presentado polo Consorcio do Comercio do Salnés contra a tramitación urbanística da parcela.
Con esta sentencia favorable, queda o camiño aberto a retomar os trámites para a instalación desta superficie comercial. Atrasos burocráticos primeiro, falta de financiamento despois e a paralización xudicial mantiveron no limbo un proxecto que o concello de Vilanova sempre defendeu a capa e espada e do que fachendeaba como motor de creación de traballo.
O alcalde asegura que segue a haber interese por levantar o centro comercial, e tralo fallo do Superior, prevén que se retomará o proxecto, pero con cautela. A sentencia do tribunal rexeita a denuncia que realizaba o Consorcio do Comercio. O ente alegou no seu día que a recalificación dos terreos de Deiro como de uso terciario comercial se fixera ‘á medida’ da promotora do Centro Comercial, Desarrollos Vilanova. O fallo indica que empresa e concello non actuaron en contra da norma, e que a recalificación non ten repercusións medioambientais sobre a enseada. Tamén desbota o Tribunal que a creación desta área vaia afectar ó comercio local da comarca, outro dos motivos que alegaba o Consorcio.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/10/CETROCOMERICALVILANOVA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/10/CENTRO_COMERCIAL_DEIRO.mp4{/flowplayer}








