A Festa do Albariño manterá a subvención de 28.000 euros de Turismo da Xunta

    CAMBADOS> Cambados foi esta mañá a parada do delegado da Xunta en Pontevedra dentro da rolda de contactos que está a manter cos alcaldes dos novos gobernos. José Manuel Cores Tourís visitou este municipio, feudo do Partido Popular ata as pasadas eleccións e do que el mesmo fora alcalde antes de Luis Aragunde. Despois do seu encontro coa alcaldesa Fátima Abal, Cores Tourís confirmou que a Xunta volverá conceder este ano a subvención de 28 mil euros de Turismo para a Festa do Albariño.

     

    Unha visita institucional marcada pola boa sintonía. Así definiron o delegado da Xunta de Pontevedra e a alcaldesa de Cambados o encontro. 

    As obras de saneamento, o centro de día, o campo de fútbol do Pombal ou as reformas no pavillón foron algunhas das cuestións que o goberno local puxo sobre a mesa.

    Como xa fixera nas súas visitas a outros concellos, Cores Tourís volveu reclamar a colaboración entre as catro administracións: local, provincial, autonómica e estatal.

    Ao final do encontro, o equipo de goberno e o delegado da Xunta confirmaron que nesta edición da Festa do Albariño Cambados volverá contar coa subvención de 28 mil euros que cada ano aporta a Dirección Xeral de Turismo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/14/touris_fatima_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/14/touris_fatima_cambados.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí