O ‘multamóbil’ xa percorre as rúas de Vilagarcía

VILAGARCÍA> O multamóbil xa percorre as rúas de Vilagarcía. O vehículo xa opera a pleno rendemento na cidade, logo de varias xornadas a proba. Conta cun sistema lector de matrículas  que identifica todos os vehículos cos que se cruza, advertindo de aqueles que conten con algunha irregularidade.

Se un coche anda sen seguro, coa ITV caducada ou é roubado, este vehículo encargarase de advertir á policía local. Trátase do novo multamóbil que xa percorre as rúas de Vilagarcía. Non é máis que un coche convencional da Policía Local, ao que lle incorporaron un sistema lector de matrículas.

Así que se ese vehículo ten sobre el algún sinalamento ou estea fóra da lei, o multamóbil encargarase de advertir ao Corpo. Foi, precisamente, o que pasou nas xornadas de probas. Grazas a este equipo, localizaron en Carril un vehículo roubado. E nas súas primeiras horas xa a pleno rendemento, tamén tivo xa unha intervención destacada.

O vehículo permite tamén xestiona-lo control dos aparcadoiros, das zonas azuis, denuncias ou trámites coa DXT. Unha ferramenta que, en definitiva, supón un gran apoio para a Policía Local.

A adquisición deste sistema supuxo un investimento para o concello de Vilagarcía de case 26.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí