Cabío e A Illa perden as súas bandeira azuis por carecer de socorristas

    POBRA> A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) retirou as dúas bandeiras azuis con que contaba o concello da Pobra nas praias de Cabío e A Illa. O motivo foi o incumprimento das esixencias ás que obriga este distintivo. A máis grave, segundo a ADEAC, a ausencia de socorristas debido á demora no proceso de contratación. Este luns, o grupo municipal do PP denunciaba publicamente a ‘irresponsabilidade’ de ter izado a bandeira sen cumprir os servizos mínimos, especialmente no relativo á seguridade. Tras esta decisión, ningunha bandeira ondeará nos areais pobrenses ó longo deste verán.