Portos dotará de cincuenta novos amarres ó náutico do Freixo

    OUTES> O porto deportivo do Freixo, en Outes contará con vinte e seis novas prazas de amarre. Portos de Galicia estuda ademais a instalación dun novo pantalán que suporía outros vinte e cinco atraques, dada a crecente demanda que rexistran as instalacións. Portos de Galicia inviste preto de sesenta e cinco mil euros na instalacións destes brazos de amarre no porto deportivo do Freixo, en Outes. Con esta ampliación, aumentará en vinte e seis o número de prazas para satisfacer a crecente demanda xa que na actualidade había embarcacións en lista de espera para conseguir un amarre. Esta non é a única actuación que o ente autonómico acometerá no porto do Freixo xa que, a petición do concello, se atopa en fase de estuda a dotación dun novo pantalán que dotaría ás instalacións náuticas doutras vinte e cinco prazas. Todas estas actuacións enmárcanse na política de promoción da náutica recreativa promovida por Portos de Galicia como un sector estratéxico para a Galicia costeira que cada vez atrae ata as nosas rías máis visitantes.