O bo tempo contribue a unha gran afluencia ós camposantos

    cemiterios_100_011107.jpgBARBANZA> No Día de Tódolos Santos, miles de barbanzáns achegáronse ós diversos cemiterios de toda a comarca para lembrar ós seus defuntos. Durante as xornadas de xoves e venres …

    … os camposantos cambiarán a súa habitual tranquilidade por un constante ir e vir de persoas, que limpan nichos e tumbas, alumbranas con candeas e poñenlle flores.

    Dende primeira hora da mañá, os cemiterios barbanzáns rexistraron un constante traxín de visitantes cargados de flores que non quixeron deixar de homenaxear ós seus seres queridos xa falecidos nesta data tan sinalada. Xa dende hai varios días, os veciños acuden ós camposantos para limpar e adecentar as tumbas dos seus familiares, onde hoxe, véspera de Defuntos, se depositan coroas, ramos ou centros de flores, enchendo de colorido o lugar de reposo dos seus mortos.

    O tempo que acompañou durante toda a xornada contribuíu a que a afluencia nos catro concellos da bisbarra fora masiva, pero os que hoxe viñeron a visitar ós seus, tamén adoitan facelo durante o resto do ano.

    Flores especiais

    As flores son precisamente as protagonistas deste día tan sinalado, algunhas clases chegan a acadar prezos prohibitivos para moitos petos, como as orquídeas ou as rosas, pero nun día tan especial a todo o mundo lle gusta poñer algo diferente e mellor que os outros días.

    Xa sexan unha flores ou outras, o importante é render homenaxe e lembrarse, durante este día, dos que xa non están entre nós.

    Redacción Barbanza