O xurado declara culpable de homicidio doloso á responsable do accidente mortal de Palmeira

RIBEIRA> O xurado declara culpable de homicidio doloso á acusada polo accidente mortal de Palmeira. O veredicto foi acordado por unanimidade, estimando a petición da acusación particular de doce anos de cadea. Agora será o xuíz quen deberá ditar sentenza.

Tras dúas xornadas de deliberación, o xurado popular por fin emitiu veredicto. Considera a María del Pilar Fernández Patiño culpable de homicidio doloso pola morte de Abraham Muñiz e Sara Lampón, no accidente acontecido o 4 de maio de 2019.

Por unanimidade, os membros do xurado consideran que a acusada actuou a sabendas dos riscos que supoñía conducir tras ter bebido e tomado medicación. Estiman así os argumentos da acusación particular que solicitaba doce anos e medio de prisión.

O xurado non tivo en conta as alegacións da defensa ante un posible cegamento do sol como causa do accidente nin considera atenuante o trastorno adaptativo mixto que padece a consecuencia dos malos tratos sufridos por parte da súa exparella.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí