O BNG da Pobra anima á veciñanza a presentar alegacións ó proxecto da macrocelulosa de Altri

A POBRA> O BNG da Pobra está a desenvolver unha campaña informativa sobre a planta de celulosa de Altri en Palas de Rei. os cidadáns dispoñen de prazo ata o 17 de abril para presentar alegacións ó proxecto.

O BNG da Pobra saíu esta mañá á rúa, coincidindo coa celebración do mercado ambulante, para informar á veciñanza sobre a presentación de alegacións ó proxecto para instalar unha planta de celulosa en Palas de Rei.

Os nacionalistas explican que a comarca do Barbanza está directamente afectada posto que o abastecemento da auga depende da captación do río Ulla que abastece á bisbarra.

Os interesados en presentar alegacións poden presentala no rexistro do concello ata o 17 de abril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí