Trenor supervisa en Lousame a mellora da estrada entre O Sanguiñal e Tállara

LOUSAME> O delegado territorial da Xunta na provincia da  Coruña visitou esta mañá o concello de Lousame para comprobar o resultado das obras de mellora na estrada entre o Sanguiñal e Tállara. Acometeuse a renovación da capa de rodaxe e o reforzo da sinalización nun treito dun quilómetro.

A Xunta de Galicia investiu cen mil euros na mellora da vía entre O Sanguiñal e Tállara en Lousame.Esta actuación que acaba de concluír supón a continuidade dunha primeira fase que xa se executara dende Portobravo a Tállara, completando así a mellora nunha das estradas principais que vertebra non só o concello de Lousame senón toda a comarca.

Ademais de agradecer os investimentos en mantemento de estradas e seguridade viaria, tan necesarios nun concello rural e disperso como Lousame, a alcaldesa aproveitou para demandar unha reforma integral da estrada Ac-308, na que proximamente se executará o fresado de varios treitos. Dende o concello consideran necesaria unha obra máis ambiciosa coa ampliación do ancho da vía e a dotación de elementos de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí