Cambados reforza a seguridade durante a Festa do Albariño

    CAMBADOS> A seguridade estará garantida durante a Festa do Albariño, que este ano cumpre a súa edición número 65. O dispositivo especial para a celebración do viño na vila cambadesa foi tratada esta mañá na Xunta Local de Seguridade á que asistiu a subdelegada do goberno Ana Ortiz. A subdelegada do goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, copresidiu esta mañá xunto á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, a Xunta de Local de Seguridade do municipio. Á mesma asistiron representantes municipais da Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local. Na reunión tratouse a situación actual en materia de seguridade en Cambados, e as previsións de cara a este verán, especialmente coa celebración da Festa do Albariño, que este ano cumpre a súa 65 edición. A subdelegada, asegurou que o dispositivo de seguridade estará á altura dun evento deste tipo. A alcaldesa de Cambados, destacou que este ano o plan faise con máis antelación da habitual para ter garantidos tódolos puntos que inclúe. Entre as novidades esenciais deste ano están relacionadas con que por primeira vez contará cunha nivel de alerta 4 debido á alerta xihadista. En total Cambados aportará a este plan de seguridade, un inspector, un oficial, once axentes e 12 auxiliares. E doutros concellos, solicitaron 7 axentes da policía local de Vigo, 2 da policía local de Nigran, 2 de Porriño e un de Tui. Ademais, protección Civil de Pontevedra, Ribadumia e Cambados, e efectivos da garda civil. En canto a persoal sanitario, este ano engádense 3 sanitarios, dúas enfermeiras e un celador a ese hospital de campaña que se monta habitualmente por esta festa.