Os minoristas piden máis control para acabar coa venda a particulares na lonxa

    RIBEIRA> A asociación de vendedores minoristas de peixe Bertorella denuncian a venda a particulares na lonxa de Ribeira. Esixen un maior control no acceso ó recinto e a obriga de presentar o carné de comprador autorizado para adquirir produto na rula. Non é a primeira vez que os minoristas denuncian a competencia desleal que supón a venda de peixe e marisco a compradores non autorizados. Hai un ano o concello obrigou a identificar a tódolos operadores autorizados a comprar mediante un carné. Sen embargo, esta medida sen os controis necesarios non está a surtir efecto. Dende Bertorella denuncian que a presenza de compradores particulares é constante, especialmente nas épocas de maior venda como Nadal ou o verán, dificultando mesmo o labor dos compradores autorizados. Confían en que a apertura da nova lonxa contribúa a mellorar a situación e a reducir a venda ilegal pero entenden que a solución pasa por un control estricto do acceso ó recinto.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí