Este xoves abren as inscricións  do campamento de Nadal de Noia

NOIA> Noia volverá a ofertar este Nadal un campamento para os máis pequenos da casa, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.  A actividade desenvolverase no ximnasio do IES Campo de San Alberto, en horario de mañá dende o día 22 de decembro ata o 4 de xaneiro.

Será totalmente gratuíto, aínda que o Concello ofertará a maiores un servizo de canguraxe dende ás sete e media da mañá e de recollida ata as dúas e media que si terá un custe para aquelas familias que o soliciten.

O número de prazas dispoñibles para o campamento será de 70, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

O prazo para inscribirse abrirá mañá xoves, no propio rexistro xeral do Concello.

A maiores, e co fin de conciliar tamén a vida familiar e laboral das familias, o Concello ofertará este Nadal uns obradoiros  en horario de tarde no claustro do Concello. Para estes últimos non será necesario inscrición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí