RIBEIRA> Os pósitos continúan en pé de guerra pola nula resposta por parte da Administración a un problema que veñen denunciando dende hai tempo. Van alá varios meses dende a última xuntanza en Madrid co Secretario Xeral de Pesca e seguen sen resposta. Daquela o representante do Ministerio comprometérase a darlles unha solución a un problema que veñen reivindicando dende hai tempo, como é o da regularización da potencia dos motores das embarcacións de artes menores, xa que na maioría dos casos incumpren a normativa ó dispor de maior potencia da permitida. Para confrarías como a de Ribeira ou Aguiño este cambio é de vital importancia, necesario para a propia subsistencia do sector, que en moitas ocasións debe traballar en condicións moi adversas. Dende estes dous pósitos arousáns séguese a confiar en obter unha solución satisfactoria neste asunto. De non ser así non descartan emprender medidas de presión nun futuro.
Inicio Barbanza - Muros - Noia