BOIRO> O BNG levou ó Parlamento a situación dos centros de ensino de Boiro. Ademais da cobertura das prazas de mestres especialistas en tódolos centros, demandan a construción dunha cuberta na escola infantil de Praia Xardín.
A Comisión 4ª de Educación do Parlamento debatía a pasada tarde as necesidades dos centros de ensino de Boiro. A deputada Rosana Pérez demandou á Xunta a incorporación dun especialista en PT para o IES A Cachada. O instituto conta con máis dun cento de alumnos con necesidades de apoio específico.
Non é esta a única demanda presentada polos nacionalistas que denuncian os recortes nos centros de primaria como é o caso do colexio de Abanqueiro que pasou este curso a contar con tan só un coidador compartido co CEIP Praia Xardín.
Pola contra, a Xunta argumena que está garantida a correcta atención de todo o alumnado destes centros que contan cunha rateo de alumnos por profesor inferior a dez, mellor que a media estatal. No caso concreto do IES A Cachada indican que se mantén o número de especialistas dos pasados cursos malia terse reducido o número de alumnos.
Ademais das necesidades de persoal dende o BNG reclaman tamén melloras en infraestruturas educativas como é a construción dunha cuberta na Galiña Azul de Praia Xardín para que as familias poidan resgardarse nos días de chuvia.











