Un camión choca contra unha viga e derruba unha nave de O Ramal

    VILAGARCÍA> Un camión derrubou este mediodía unha das naves do peirao de O Ramal, en Vilagarcía. O condutor non se deu de conta e, ao manobrar, golpeou unha viga mestra da infraestrutura. A súa caída provocou tamén o derrube de dúas terchas e de parte do tellado. Nun primeiro momento falábase de dúas persoas atrapadas baixo a escombreira, pero finalmente non se rexistraron feridos.

     

    A mañá rematou cun susto en Vilagarcía. Un camión de transporte de cereais tirou ao mediodía unha das antigas naves de Riasa, no peirao de O Ramal.

    Nese momento había xente paseando no entorno de A Concha e traballadores nas instalacións. A pesares de que nun primeiro momento se falou de dous atrapados, finalmente foi unha falsa alarma e non houbo que lamentar danos persoais.

    Agora un perito encargarase de avaliar a intervención que se debe facer sobre a fachada. Polo de momento, os equipos de emerxencia desprazados ata a zona limitáronse a asegurar o perímetro.

    Na actualidade, a nave está a ser empregada por unha empresa para a descarga de cereais.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/24/accidente_naves_ramal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/24/accidente_naves_ramal.mp4{/flowplayer}