O Goberno Central levará a banda ancha da internet a 522 fogares e empresa de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Vilagarcía levará a banda ancha a máis de 500 vivendas da vila. O concello desenvolverá este proxecto grazas ao programa de universalización de infraestruturas dixitais posto en marcha polo goberno. O obxectivo é que todas as casas do concello teñan acceso a este servizo no 2025.

Un total de 44 zonas de Vilagarcía, o que supón máis de 500 vivendas e empresas, veranse beneficiadas polo programa de universalización de infraestruturas dixitais para a cohesión única de banda ancha do goberno central. Grazas a este plan ampliarase o servizo da internet ata estes fogares.

O obxectivo deste plan é conseguir que o 100% das vivendas teñan un bo acceso a internet. Un servizo cuxa necesidade quedou patente durante a pandemia.

Nesta primeira fase actuarase sobre 44 zonas de Vilagarcía que non teñen un bo acceso á internet, pero aínda quedan outras 106 zonas nesas condicións. Nas vindeiras fase actuarase sobre estes lugares para alcanzar a todas as vivendas no 2025.

Os traballos para a instalación da rede xa están en marcha, a previsión é que se complete esta primeira fase cara ao 2024.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí