Presentada a quinta edición do Duatlón Trail de Ribeira

    RIBEIRA> A proba, organizada pola asociación Arousa Neo en colaboración co Concello, terá lugar o próximo domingo seis de novembro. Á falla de varios días para o peche das inscricións, farase efectiva o próximo domingo, na proba xa hai inscritas unhas 110 persoas. Trátase dunha competición pouco común en Galicia, que vai pola súa quinta edición, onde se mestura deporte e natureza. A carreira deste ano presenta algunha que outra novidade con respecto a anos anteriores. A primeira que os participantes contarán cunha segunda transición. A outra novidade é que se reduce a unha soa as categorías por equipos. A saída da proba terá lugar o domingo seis de novembro ás 10.30 da mañá do camping Ría de Arosa 2, no lugar de Balteiro, que será tamén o punto de chegada. Para máis información ou inscricións os interesados poden consultar a páxina web www.arousa.com.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí