O concello manterá as axudas ás ANPAS pontevedresas

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra manterá as liñas de axuda coas ANPAS da cidade. A pesares dos cambios na lexislación, que deixan este tipo de subvencións en mans das comunidades autónomas, o goberno pontevedrés aproveitará a falta de concreción da norma. A concelleira responsable xa anunciou que, a pesares dos retrasos, volverán a asinar os dous convenios para as ludotecas da FANPA e a liña de subvencións para as asociacións de nais e pais, que permite manter servizos como os comedores.

 

Concello, FANPA e ANPAS volverán asinar diferentes convenios de colaboración e liñas de axuda. O goberno local consultou á Xunta esta posibilidade, despois de que os cambios na lexislación trasladen aos executivos autonómicos esta competencia.

Así, a FANPA contará co apoio do concello nas ludotecas de verán e do Nadal. No caso das ANPAS, renovarase tamén a liña de subvencións. Si que matizan dende a concellería que a consulta coa Xunta retrasará todo o proceso de convocatoria.

Dende a FANPA recibiron con alivio a boa nova, e destacaron a importancia destes convenios e liñas de axuda para as súas asociacións.

Como novidade, nesta convocatoria o concello abrirá un período para que as asociacións de pais e nais dos centros aporten ideas para a elaboración das novas bases. Unha participación coa que buscan que todos coñezan que destino poden ter os cartos que reciben das arcas municipais. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/27/educacion_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/27/educacion_pontevedra.mp4{/flowplayer}