PONTEVEDRA> O cociñeiro Pepe Solla é o padriño da Gran Recollida do Banco de Alimentos. A campaña solidaria vaise celebrar na provincia de Pontevedra os días 7 e 8 de novembro co obxectivo de recoller 325.000 quilos de alimentos. Na súa presentación como padriño Solla fixo un chamamento á solidariedade, lembrando que o banco de alimentos aínda precisa máis de 500 voluntarios para a recollida. Fixo tamén un chamamento á responsabilidade, denunciando os millóns de toneladas de alimentos que acaban no lixo.
Incógnita despexada: o chef de Poio Pepe Solla é o padriño da Gran Recollida da Fundación Provincial Banco de Alimentos, que se vai celebrar os días 7 e 8 de novembro.
O cociñeiro agarda que o seu apoio a esta campaña sirva para superar a recadación do ano pasado, cando se acadaran os 325.000 quilos. Para iso, lembrou Solla, a entidade precisa máis voluntariado para cubrir máis de 150 supermercados da provincia.
Dende o banco de alimentos agardan que a colaboración de Solla se traduza nun gran impulso á campaña de recollida.
O cociñeiro tampouco se cortou á hora de falar da alta cociña cando milleiros de persoas non teñen nin alimentos básicos.
Tamén reflexionou sobre o desperdicio de alimentos, lembrando que no mundo tíranse ao ano 1.300 millóns de toneladas de comida.
A campaña de recollida de alimentos volverá ser mixta, permitindo a doazón de produtos e tamén económicas nas propias caixas dos súper durante os dous días da Recollida.











