RIBEIRA> O obxectivo desta iniciativa, que promove a empresa Revolutrion en colaboración co concello e outras entidades, non é outro que fomentar a actividade deportiva, ó tempo que dar a coñecer os espazos naturais e etnográficos dos que dispón o municipio. A Fieiteira, San Amede, A Cidá, Teira-Espiñeirido e A Carballa son as cinco rutas de trail que esta mañá foron presentadas no concello. A inicitiva que xorde da empresa local Revolutrion e que conta co patrocinio do Concello, entre outras entidades, pretende aumentar a oferta deportiva existente na localidade, nunha disciplina que está a adquirir cada vez maior protaginismo. As rutas permitirán, ademais da súa vertente deportiva, poder dara a coñecer diversos espazos de gran beleza paisaxística. Os itinerarios cos percorridos que varían entre os 5 e os 14 quilómetros con varios niveis de dificultade están recollidas nunhas guías editadas polo concello. En total 2500 trípticos que xa están a disposición de todos aqueles que o desexen na páxina web municipal ou nas tres oficinas de turismo existentes. Cada unha das guías conta con cumprida información sobre a ruta en cuestión, recollendo a distancia, o desnivel acumulado, a súa dificultade, as características do terreo e unha descrición dos distintos fitos a destacar no itinerario.
Inicio Deportes