Adegueiros, xornalistas, políticos e un banqueiro, novos membros do Capítulo Serenísimo

    CAMBADOS>

     

    Un cargo institucional, dous xornalistas, dous profesionais do mundo do viño e un banqueiro. É o cartel de personalidades que este ano serán nomeados Damas e Cabaleiros do Capítulo Serenísimo do Albariño. Á unha e cuarto da tarde do domingo, no patio de Armas do Pazo de Fefiñans, recibirán a capa e prometerán fidelidade ó coñecido como ‘rei dos brancos’. Con algo máis de atraso que outras edicións, o Secretario do Capítulo desvelou a tres días do evento os nomes dos elixidos, coma sempre, por unanimidade.

     

     

    No tocante ós Albariñenses de Honra, este ano recibirán o título a Agrupación de Adegas Terras de Asorei, A Confraría do Viño de Carcavelos, coa que o ano pasado se irmanaba a do Albariño, e dúas cooperativas de Rías Baixas: Viña Almirante e a Vitivinícola de Arousa. As Follas de Prata repartiranse entre o presidente da Asociación Internacional de Enoturismo, o Presidente de Portos de Galicia (único cargo institucional xunto coa alcaldesa de Cambados) e os responsables de catro adegas.

     

    E por último, catro mozas e dous mozos, adegueiros das subzonas do Rosal e Salnés, serán distinguidos como Xóvenes Albariñenses.

     

    Desde o Capítulo lembran que a asistencia ó acto de nomeamento é gratuíta e aberta ó público, aínda que se require presentar invitación. Os pases xa se poden adquirir na casa do concello de Cambados.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/29/cabaleirosalbarino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/29/CABALEIROS_ALBARINO.mp4{/flowplayer}